Que é Polavila DoCampo?

É unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier Docampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, o 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento. Podes contactar coas persoas que organizan Polavila Docampo no enderezo electrónico polaviladocampo@gmail.com.

A deste ano foi a primeira e celebrouse no Fórum Metropolitano da Coruña e nela participaron poetas, músicos, narradoras/es orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades ante unha audiencia de máis de 300 persoas. Podes consultar o programa da xornada do 5 de abril de 2024 nesta ligazón e a do ciclo de cinema Xabier P. Docampo na memoria, aquí. Tamén podes escoitar as gravacións sonoras da Gala Polavila DoCampo 2024 no noso blog, así como a lectura de Daniel Puente Bello do álbum "Mans". 





Publicacións populares deste blog

Polavila Docampo 2024

Ciclo de cinema: Xabier P. DoCampo na memoria

«Polavila Docampo», columna en «Nós diario»