Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

"Mans" recitado por Daniel Puente Bello

Imaxe
Lectura do álbum "Mans" (texto de Xabier P. DoCampo, fotografías de DNL) a cargo de Daniel Puente Bello durante a Gala Polavila DoCampo 2024, celebrada o 5 de abril no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña.

Gravacións sonoras da Gala Polavila DoCampo 2024

Imaxe
O 5 de abril de 2024 celebrouse a primeira edición da Polavila DoCampo, homenaxe anual ao escritor chairego Xabier P. DoCampo. O acto central, a Gala Polavila DoCampo, tivo lugar no auditorio do Fórum Metropolitano. Podedes escoitar aquí as intervencións das persoas que participaron no acto: por orde de intervención, Paco Martín, Fina Casalderrey, Xavier Senín, Daniel Puente Bello, Dores Tembrás, Antía Otero, Antonio García Teijeiro, Uxía Senlle, Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas, Concha Blanco, Lois Pérez Díaz, María da Pontragha, Antonio Reigosa, Paula Carballeira e (de novo) Uxía Senlle.  Paco Martín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Fina Casalderrey: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Xavier Senín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Daniel Puente Bello: Mans   Dores Tembrás: A primeira vez que fun ao cine   Antía Otero: A última pega   Antonio García Teijeiro: Dous poemas   Uxía Senlle: Augas do Lea   Uxía Senlle: Esa son eu (Luísa Villalta)   Fr

Xavier Senín e as súas lembranzas con Xabier na Polavila Docampo 2024

Imaxe
Coñecín a Xabier haberá 50 anos. Os nosos destinos cruzáronse ata nacer nunha fonda e sincera amizade. A vida de Xabier abrangueu moitas facetas: foi mestre, fixo cine, traballou no teatro, na radio… Tiven a honra de coñecer da súa propia boca os seus primeiros contactos coas letras. Aínda que non naceu rodeado de libros, a súa casa non era allea á literatura porque seu pai, muiñeiro, contaba os contos coma ninguén. Escoitar o pai seica era unha verdadeira regalía, e aquel rapaz quedou para sempre enguedellado nas palabras. Así, coma quen seitura, foi recollendo historias, sucedidos... De Raimundo, o pai gardou o vocabulario do muíño: a canle, as moas, o eixe, o aliviadoiro, o inferno… Tamén aprendeu de Tomás, o seu padriño zapateiro, que xuntaba arredor da súa banca veciños desexosos de escoitar o que narraba. El ensinoulle o oficio e «o orgullo das cousas ben feitas e rematadas»: a subela, a bigornia, o pau do burro, o sacabocados… Xabier gabábase de saber solar uns zapatos se dispo

Paco Martín lembra a Xabier DoCampo na Polavila 2024

Imaxe
Boa tarde.   Convidóuseme a que, como amigo, colega, compañeiro, admirador, cómplice e membro do que Manolo Bragado deu en chamar a Xeración Lamote, dixese algo aquí da miña relación con Xabier Puente Docampo e, coas limitacións das que como sabedes adoezo e máis as que me impón o tempo do que dispoño, tentarei facer o que se me pide sabedor do moito e moi importante que haberá que deixar arredado. E comezarei, permitídemo, por dicir algo de min:     En Magoi, o arrabalde lugués da miña infancia, e supoño que en moitos máis lugares, o día 6 de xaneiro de cada ano e á pregunta repetida que ós nenos se nos facía: Q ue che deixaron os reis? a resposta case obrigada era: Camiño pra andar! Podería parecer que se trataba dunha resposta cun algo de retranqueiro e festivo, mais xa naquel tempo mesmo os cativos eramos quen de intuír canto de verdade había nela: camiños que por nós agardaban, camiños que sería preciso andar para fender o horizonte e facer pola vida. Camiños xa trazados polas p

Recensións cinematográficas de Xabier P. DoCampo

Imaxe
Cinéfilo de sempre, Xabier P. DoCampo animouse a escribir algunhas recensións de filmes para o blog Acto de Primavera . Velaí a listaxe de textos publicados nese blog, por orde cronolóxica: El muerto y ser feliz (Javier Rebollo, 2012). 18 de xaneiro de 2013. "Ser un asasino non te libera de seres humano, fondamente humano. E o director, fondamente humano, ten a grandiosa xenerosidade de nos dar un camiño de redención, non só a Santos, senón a todos os seres humanos" Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012). 20 de xaneiro de 2013. "Que distingue as películas de Tarantino? A resposta más simple e rápida é a violencia. A resposta máis intelixente o humor". Beasts of the Southern Wild (Benh Zeitlin, 2012). 26 de xaneiro de 2013. "Unha fermosa e poética mestura de realismo e imaxinación, mesmo de fantasía e toques do que Carpentier chamaba o real marabilloso , terman no plano estilístico deste filme sobre a infancia e sobre a capacidade transformadora do mundo

Poema inédito de Xabier P. DoCampo

Imaxe
Ó entrar na palleira o Pepe de Breixo caeulle na testa un cacho de queixo. Mirou cara a trave. De onde viría? Ollou de arredor. Quen o tiraría? Baixouse por el. Pillouno na man e ó tempo berraba: Mandádeme o pan! E mira por onde, meu dito, meu feito, o pan que pedía pegoulle no peito. -Carai! –dixo Pepe-, hai que ter coidado, se pido unha grade estou amolado. Pero hai que ir a modo. Hai que ir probando. Mandade cen pesos para ir tirando! E mirade amigos que cousa pasou, un por un, cen pesos o teito ceibou. Zoupa que te zoupa. Bate que te bate, deixaron ó pobre feito un monifate. Carafio! –exclamou-. Pois vaia follón se chego a pedir que mande un millón. Haiche que ser listo e saber pedir, isto hai que pensalo, hai que discernir. Nin grades nin cartos, nin –claro- centellas porque nunha destas arríncanme as cellas. As cousas que pido mancan, zoupan, petan. Xa que as necesidades a min non me apretan, sexas trave ou cango, como ti es tan fer

O anuncio da Polavila Docampo 2024 nos medios

Imaxe
    Diversos medios anuncian os actos da Polavila Docampo desta tarde: – La Voz de Galicia : « Volve a Oralidade de Xabier Docampo » (Rodri García). – Praza Pública : « A homenaxe itinerante a Xabier P. DoCampo comeza na Coruña contando contos para lembralo » (Marcos Pérez Pena).

Adhesións e traballos de centros escolares á Polavila Docampo 2024

Imaxe
Recibíronse traballos e adhesións a esta Polavila Docampo do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras do Lea e da Biblioteca «Chaira dos libros» do CEIP de Muimenta. Agradecemos de corazón estas achegas colaborativas do lectorado máis novo do mestre DoCampo que formarán parte da mostra da Polavila 2024.

Xabier P. DoCampo: «Serei unha cerdeira»

Imaxe
Retrato de Xabier P. DoCampo por Fidel Vidal Pérez.     «E ti, amada miña, tráeme aquí no día derradeiro e déitame neste chao. Serei unha cerdeira.»             ( Xabier P. Docampo )

Carta aberta a don Ramón Lamote Miñato, co gallo da Feira do Libro de Lugo (2009), por ser el fillo eximio desta nobre cidade e eu servidor de ambos

Imaxe
Meu benquerido amigo Lamote: Quere a miña fortuna que hoxe veña até esta súa e miña cidade de Lugo para falar de libros e de lectura, como sei que o tema é do seu interese, gózome en me dirixir a vostede, porque sei que é tanto como facelo a todos os lugueses. Antes de nada debo aclarar que principiei dicindo “esta súa e miña cidade de Lugo” aínda que eu, nacido en Rábade e criado desde a miña máis primeira infancia en Castro de Ribeiras do Lea, tiven sempre como referencia cidadá e capitalina a esta boa cidade de Lugo, aquí, nesta Praza Maior, que sempre chamei Alameda, tiven a revelación divina da miña primeira vocación artística, frustrada ao fin, como tantas na miña vida. Ocorreu que o meu pai, Raimundo de Granda, sempre que podía, nas viaxes que facíamos a Lugo, traíame a este lugar para así poder escoitar a Banda Municipal. Eu admiraba as habelencias dos músicos e amoreábanseme as vocacións coa mesma premura coa que desaparecían: trompetista,non, que hai que soprar moito e non vo

«Polavila Docampo», columna en «Nós diario»

Imaxe
O editor Antonio Ventura incitou a Xabier P. DoCampo a que escribise un libro sobre o valor da lectura dirixido a persoas mediadoras. Tirando dese fío, Xabier, namorado do xénero epistolar como recurso creativo e de intervención política, escribiu unha das súas obras senlleiras, Catro cartas (Anaya, 2000; Xerais, 2020), na que reflexiona sobre a literatura como emoción compartida e os libros como un espazo de encontro. Dirixidas á amada, ao fillo, á mai e a Tusitala (R.L.S.), cun quinta peza, fóra de catálogo, a quen lese as anteriores, DoCampo reflexiona con lucidez e beleza sobre a lectura (tamén a escritura) como un traxe que lle senta ben a alma e fai a vida máis fermosa. Lectura e escritura, nas súas palabras, que desempeñan a función «de nos axudaren a nos coñecer e recoñecer», «dúas iniciativas individuais que nos axudan a indagar en nós e, ao mesmo tempo, se substancian no outro, por medio da entrega, da xenerosidade e do amor». O vindeiro venres, 5 de abril, ca

Ciclo de cinema: Xabier P. DoCampo na memoria

Imaxe
Ademais de mestre, escritor, contacontos e un incansábel promotor da lingua e a cultura galega e da lectura, Xabier P. DoCampo foi un gran cinéfilo, un deses que non sería quen de contar as horas que na súa vida pasou na escuridade dunha sala. Esta paixón fíxose explícita n’ A nena do abrigo de astracán (2018), estruturada en sete capítulos con títulos de películas clásicas, as sete que a nena protagonista ve nas sesións dos domingos e lle serven de refuxio e de aprendizaxe fronte as miserias e crueldades da Galiza da posguerra. Para ela, igual ca para o autor, o cinema é unha xanela ao mundo, mais o cinema, o mellor cinema, fala sempre de nós: axúdanos a entender o que pasa fóra e o que nos pasa por dentro, a comprender e a comprendérmonos. É unha xanela, mais tamén é un espello. Nunha homenaxe ao autor chairego, pois, o cinema non pode non estar presente. Abre o ciclo A cinta branca de Michael Haneke, que tanto lle gustou e que, no seu estudo das raíces do mal, conecta ben coa que

Polavila Docampo 2024

Imaxe
A Polavila Docampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier Docampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, o 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento. A deste ano é a primeira e celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos, 1). Nela participarán poetas, músicos, narradoras/es orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades. Por suposto, pode asistir calquera persoa que o desexe. Aquí vos deixamos o programa da xornada do 5 de abril : 18:00- 18:15 horas: apertura da Polavila , da exposición bibliográfica sobre Xabier DoCampo e das adhesións recibidas de bibliotecas escolares, no vestíbulo do Fórum Metropolitano. 18:15 – 19:00 horas: Vouche contar un conto , sesión de contos para público familiar na sección infantil da Biblioteca do Fórum Metropolitano. Require inscrición previa .  19:00 – 19:45 horas: Catro cartas , lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier DoCampo, no