Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lugo

Paco Martín lembra a Xabier DoCampo na Polavila 2024

Imaxe
Boa tarde.   Convidóuseme a que, como amigo, colega, compañeiro, admirador, cómplice e membro do que Manolo Bragado deu en chamar a Xeración Lamote, dixese algo aquí da miña relación con Xabier Puente Docampo e, coas limitacións das que como sabedes adoezo e máis as que me impón o tempo do que dispoño, tentarei facer o que se me pide sabedor do moito e moi importante que haberá que deixar arredado. E comezarei, permitídemo, por dicir algo de min:     En Magoi, o arrabalde lugués da miña infancia, e supoño que en moitos máis lugares, o día 6 de xaneiro de cada ano e á pregunta repetida que ós nenos se nos facía: Q ue che deixaron os reis? a resposta case obrigada era: Camiño pra andar! Podería parecer que se trataba dunha resposta cun algo de retranqueiro e festivo, mais xa naquel tempo mesmo os cativos eramos quen de intuír canto de verdade había nela: camiños que por nós agardaban, camiños que sería preciso andar para fender o horizonte e facer pola vida. Camiños ...

Carta aberta a don Ramón Lamote Miñato, co gallo da Feira do Libro de Lugo (2009), por ser el fillo eximio desta nobre cidade e eu servidor de ambos

Imaxe
Meu benquerido amigo Lamote: Quere a miña fortuna que hoxe veña até esta súa e miña cidade de Lugo para falar de libros e de lectura, como sei que o tema é do seu interese, gózome en me dirixir a vostede, porque sei que é tanto como facelo a todos os lugueses. Antes de nada debo aclarar que principiei dicindo “esta súa e miña cidade de Lugo” aínda que eu, nacido en Rábade e criado desde a miña máis primeira infancia en Castro de Ribeiras do Lea, tiven sempre como referencia cidadá e capitalina a esta boa cidade de Lugo, aquí, nesta Praza Maior, que sempre chamei Alameda, tiven a revelación divina da miña primeira vocación artística, frustrada ao fin, como tantas na miña vida. Ocorreu que o meu pai, Raimundo de Granda, sempre que podía, nas viaxes que facíamos a Lugo, traíame a este lugar para así poder escoitar a Banda Municipal. Eu admiraba as habelencias dos músicos e amoreábanseme as vocacións coa mesma premura coa que desaparecían: trompetista,non, que hai que soprar moito e non vo...