Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Paco Martín

Gravacións sonoras da Gala Polavila DoCampo 2024

Imaxe
O 5 de abril de 2024 celebrouse a primeira edición da Polavila DoCampo, homenaxe anual ao escritor chairego Xabier P. DoCampo. O acto central, a Gala Polavila DoCampo, tivo lugar no auditorio do Fórum Metropolitano. Podedes escoitar aquí as intervencións das persoas que participaron no acto: por orde de intervención, Paco Martín, Fina Casalderrey, Xavier Senín, Daniel Puente Bello, Dores Tembrás, Antía Otero, Antonio García Teijeiro, Uxía Senlle, Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas, Concha Blanco, Lois Pérez Díaz, María da Pontragha, Antonio Reigosa, Paula Carballeira e (de novo) Uxía Senlle.  Paco Martín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Fina Casalderrey: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Xavier Senín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Daniel Puente Bello: Mans   Dores Tembrás: A primeira vez que fun ao cine   Antía Otero: A última pega   Antonio García Teijeiro: Dous poemas   Uxía Senlle: Augas do Lea   Uxí...

Xavier Senín e as súas lembranzas con Xabier na Polavila Docampo 2024

Imaxe
Coñecín a Xabier haberá 50 anos. Os nosos destinos cruzáronse ata nacer nunha fonda e sincera amizade. A vida de Xabier abrangueu moitas facetas: foi mestre, fixo cine, traballou no teatro, na radio… Tiven a honra de coñecer da súa propia boca os seus primeiros contactos coas letras. Aínda que non naceu rodeado de libros, a súa casa non era allea á literatura porque seu pai, muiñeiro, contaba os contos coma ninguén. Escoitar o pai seica era unha verdadeira regalía, e aquel rapaz quedou para sempre enguedellado nas palabras. Así, coma quen seitura, foi recollendo historias, sucedidos... De Raimundo, o pai gardou o vocabulario do muíño: a canle, as moas, o eixe, o aliviadoiro, o inferno… Tamén aprendeu de Tomás, o seu padriño zapateiro, que xuntaba arredor da súa banca veciños desexosos de escoitar o que narraba. El ensinoulle o oficio e «o orgullo das cousas ben feitas e rematadas»: a subela, a bigornia, o pau do burro, o sacabocados… Xabier gabábase de saber solar uns zapatos se dispo...

Paco Martín lembra a Xabier DoCampo na Polavila 2024

Imaxe
Boa tarde.   Convidóuseme a que, como amigo, colega, compañeiro, admirador, cómplice e membro do que Manolo Bragado deu en chamar a Xeración Lamote, dixese algo aquí da miña relación con Xabier Puente Docampo e, coas limitacións das que como sabedes adoezo e máis as que me impón o tempo do que dispoño, tentarei facer o que se me pide sabedor do moito e moi importante que haberá que deixar arredado. E comezarei, permitídemo, por dicir algo de min:     En Magoi, o arrabalde lugués da miña infancia, e supoño que en moitos máis lugares, o día 6 de xaneiro de cada ano e á pregunta repetida que ós nenos se nos facía: Q ue che deixaron os reis? a resposta case obrigada era: Camiño pra andar! Podería parecer que se trataba dunha resposta cun algo de retranqueiro e festivo, mais xa naquel tempo mesmo os cativos eramos quen de intuír canto de verdade había nela: camiños que por nós agardaban, camiños que sería preciso andar para fender o horizonte e facer pola vida. Camiños ...