Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xabier P. DoCampo

"Mans" recitado por Daniel Puente Bello

Imaxe
Lectura do álbum "Mans" (texto de Xabier P. DoCampo, fotografías de DNL) a cargo de Daniel Puente Bello durante a Gala Polavila DoCampo 2024, celebrada o 5 de abril no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña.

Xavier Senín e as súas lembranzas con Xabier na Polavila Docampo 2024

Imaxe
Coñecín a Xabier haberá 50 anos. Os nosos destinos cruzáronse ata nacer nunha fonda e sincera amizade. A vida de Xabier abrangueu moitas facetas: foi mestre, fixo cine, traballou no teatro, na radio… Tiven a honra de coñecer da súa propia boca os seus primeiros contactos coas letras. Aínda que non naceu rodeado de libros, a súa casa non era allea á literatura porque seu pai, muiñeiro, contaba os contos coma ninguén. Escoitar o pai seica era unha verdadeira regalía, e aquel rapaz quedou para sempre enguedellado nas palabras. Así, coma quen seitura, foi recollendo historias, sucedidos... De Raimundo, o pai gardou o vocabulario do muíño: a canle, as moas, o eixe, o aliviadoiro, o inferno… Tamén aprendeu de Tomás, o seu padriño zapateiro, que xuntaba arredor da súa banca veciños desexosos de escoitar o que narraba. El ensinoulle o oficio e «o orgullo das cousas ben feitas e rematadas»: a subela, a bigornia, o pau do burro, o sacabocados… Xabier gabábase de saber solar uns zapatos se dispo...

Paco Martín lembra a Xabier DoCampo na Polavila 2024

Imaxe
Boa tarde.   Convidóuseme a que, como amigo, colega, compañeiro, admirador, cómplice e membro do que Manolo Bragado deu en chamar a Xeración Lamote, dixese algo aquí da miña relación con Xabier Puente Docampo e, coas limitacións das que como sabedes adoezo e máis as que me impón o tempo do que dispoño, tentarei facer o que se me pide sabedor do moito e moi importante que haberá que deixar arredado. E comezarei, permitídemo, por dicir algo de min:     En Magoi, o arrabalde lugués da miña infancia, e supoño que en moitos máis lugares, o día 6 de xaneiro de cada ano e á pregunta repetida que ós nenos se nos facía: Q ue che deixaron os reis? a resposta case obrigada era: Camiño pra andar! Podería parecer que se trataba dunha resposta cun algo de retranqueiro e festivo, mais xa naquel tempo mesmo os cativos eramos quen de intuír canto de verdade había nela: camiños que por nós agardaban, camiños que sería preciso andar para fender o horizonte e facer pola vida. Camiños ...

Recensións cinematográficas de Xabier P. DoCampo

Imaxe
Cinéfilo de sempre, Xabier P. DoCampo animouse a escribir algunhas recensións de filmes para o blog Acto de Primavera . Velaí a listaxe de textos publicados nese blog, por orde cronolóxica: El muerto y ser feliz (Javier Rebollo, 2012). 18 de xaneiro de 2013. "Ser un asasino non te libera de seres humano, fondamente humano. E o director, fondamente humano, ten a grandiosa xenerosidade de nos dar un camiño de redención, non só a Santos, senón a todos os seres humanos" Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012). 20 de xaneiro de 2013. "Que distingue as películas de Tarantino? A resposta más simple e rápida é a violencia. A resposta máis intelixente o humor". Beasts of the Southern Wild (Benh Zeitlin, 2012). 26 de xaneiro de 2013. "Unha fermosa e poética mestura de realismo e imaxinación, mesmo de fantasía e toques do que Carpentier chamaba o real marabilloso , terman no plano estilístico deste filme sobre a infancia e sobre a capacidade transformadora do mundo ...