Publicacións

"A desaparición dos vagalumes", un artigo de Xabier para a Agrupación Ío

Imaxe
 O 1 de febreiro de 1975, hai hoxe 50 anos, Pier Paolo Pasolini publicou no Corriere della Sera o artigo  "Il vuoto del potere" , no que introduciu unha metáfora poético-literaria que se fixo xustamente célebre, a "scomparsa della lucciole", a desaparición dos vagalumes. Con ese texto como referencia, Xabier P. DoCampo escribiu en 2016 un artigo para un caderno sobre contaminación luminosa publicado polo semanario Sermos Galiza e coordinado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Compartimos con vós neste blog aquel fermoso texto.  Vagalumes. Fonte: Windslash (vía Flickr, CC BY 2.0) A DESAPARICIÓN DOS VAGALUMES A Pier Paolo Pasolini, in memoriam Eu nacín en abril, un día deses que comezou, diría Manuel María, cun «ceo craro dun abrente limpísimo de abril», mais eu nacín pola noite e a ese ceo correspóndelle un firmamento cheo de estrelas que –gusto de imaxinalo así- sería o primeiro que os meus ollos viron do mundo exterior desde a fiestra do cuarto onde miña m...

"Mans" recitado por Daniel Puente Bello

Imaxe
Lectura do álbum "Mans" (texto de Xabier P. DoCampo, fotografías de DNL) a cargo de Daniel Puente Bello durante a Gala Polavila DoCampo 2024, celebrada o 5 de abril no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña.

Gravacións sonoras da Gala Polavila DoCampo 2024

Imaxe
O 5 de abril de 2024 celebrouse a primeira edición da Polavila DoCampo, homenaxe anual ao escritor chairego Xabier P. DoCampo. O acto central, a Gala Polavila DoCampo, tivo lugar no auditorio do Fórum Metropolitano. Podedes escoitar aquí as intervencións das persoas que participaron no acto: por orde de intervención, Paco Martín, Fina Casalderrey, Xavier Senín, Daniel Puente Bello, Dores Tembrás, Antía Otero, Antonio García Teijeiro, Uxía Senlle, Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas, Concha Blanco, Lois Pérez Díaz, María da Pontragha, Antonio Reigosa, Paula Carballeira e (de novo) Uxía Senlle.  Paco Martín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Fina Casalderrey: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Xavier Senín: Lembranza de Xabier P. DoCampo   Daniel Puente Bello: Mans   Dores Tembrás: A primeira vez que fun ao cine   Antía Otero: A última pega   Antonio García Teijeiro: Dous poemas   Uxía Senlle: Augas do Lea   Uxí...

Xavier Senín e as súas lembranzas con Xabier na Polavila Docampo 2024

Imaxe
Coñecín a Xabier haberá 50 anos. Os nosos destinos cruzáronse ata nacer nunha fonda e sincera amizade. A vida de Xabier abrangueu moitas facetas: foi mestre, fixo cine, traballou no teatro, na radio… Tiven a honra de coñecer da súa propia boca os seus primeiros contactos coas letras. Aínda que non naceu rodeado de libros, a súa casa non era allea á literatura porque seu pai, muiñeiro, contaba os contos coma ninguén. Escoitar o pai seica era unha verdadeira regalía, e aquel rapaz quedou para sempre enguedellado nas palabras. Así, coma quen seitura, foi recollendo historias, sucedidos... De Raimundo, o pai gardou o vocabulario do muíño: a canle, as moas, o eixe, o aliviadoiro, o inferno… Tamén aprendeu de Tomás, o seu padriño zapateiro, que xuntaba arredor da súa banca veciños desexosos de escoitar o que narraba. El ensinoulle o oficio e «o orgullo das cousas ben feitas e rematadas»: a subela, a bigornia, o pau do burro, o sacabocados… Xabier gabábase de saber solar uns zapatos se dispo...

Paco Martín lembra a Xabier DoCampo na Polavila 2024

Imaxe
Boa tarde.   Convidóuseme a que, como amigo, colega, compañeiro, admirador, cómplice e membro do que Manolo Bragado deu en chamar a Xeración Lamote, dixese algo aquí da miña relación con Xabier Puente Docampo e, coas limitacións das que como sabedes adoezo e máis as que me impón o tempo do que dispoño, tentarei facer o que se me pide sabedor do moito e moi importante que haberá que deixar arredado. E comezarei, permitídemo, por dicir algo de min:     En Magoi, o arrabalde lugués da miña infancia, e supoño que en moitos máis lugares, o día 6 de xaneiro de cada ano e á pregunta repetida que ós nenos se nos facía: Q ue che deixaron os reis? a resposta case obrigada era: Camiño pra andar! Podería parecer que se trataba dunha resposta cun algo de retranqueiro e festivo, mais xa naquel tempo mesmo os cativos eramos quen de intuír canto de verdade había nela: camiños que por nós agardaban, camiños que sería preciso andar para fender o horizonte e facer pola vida. Camiños ...

Recensións cinematográficas de Xabier P. DoCampo

Imaxe
Cinéfilo de sempre, Xabier P. DoCampo animouse a escribir algunhas recensións de filmes para o blog Acto de Primavera . Velaí a listaxe de textos publicados nese blog, por orde cronolóxica: El muerto y ser feliz (Javier Rebollo, 2012). 18 de xaneiro de 2013. "Ser un asasino non te libera de seres humano, fondamente humano. E o director, fondamente humano, ten a grandiosa xenerosidade de nos dar un camiño de redención, non só a Santos, senón a todos os seres humanos" Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012). 20 de xaneiro de 2013. "Que distingue as películas de Tarantino? A resposta más simple e rápida é a violencia. A resposta máis intelixente o humor". Beasts of the Southern Wild (Benh Zeitlin, 2012). 26 de xaneiro de 2013. "Unha fermosa e poética mestura de realismo e imaxinación, mesmo de fantasía e toques do que Carpentier chamaba o real marabilloso , terman no plano estilístico deste filme sobre a infancia e sobre a capacidade transformadora do mundo ...

Poema inédito de Xabier P. DoCampo

Imaxe
Ó entrar na palleira o Pepe de Breixo caeulle na testa un cacho de queixo. Mirou cara a trave. De onde viría? Ollou de arredor. Quen o tiraría? Baixouse por el. Pillouno na man e ó tempo berraba: Mandádeme o pan! E mira por onde, meu dito, meu feito, o pan que pedía pegoulle no peito. -Carai! –dixo Pepe-, hai que ter coidado, se pido unha grade estou amolado. Pero hai que ir a modo. Hai que ir probando. Mandade cen pesos para ir tirando! E mirade amigos que cousa pasou, un por un, cen pesos o teito ceibou. Zoupa que te zoupa. Bate que te bate, deixaron ó pobre feito un monifate. Carafio! –exclamou-. Pois vaia follón se chego a pedir que mande un millón. Haiche que ser listo e saber pedir, isto hai que pensalo, hai que discernir. Nin grades nin cartos, nin –claro- centellas porque nunha destas arríncanme as cellas. As cousas que pido mancan, zoupan, petan. Xa que as necesidades a min non me apretan, sexas trave ou cango, como ti es tan fer...